jueves, 25 de septiembre de 2014

UN NOVO MUNDO. O MUNDO DAS TIC

Ser TIC ou non ser TIC. Esa é básicamente a idea que teño desde que me inicie neste curso. Máis aínda cando para levar a cabo unha simple etiqueta de palabras, cunha ferramenta nova, que asemellaba sinxela , levo literalmete rompéndome a cachola unhas cantas horas. O que fai pensar que non son tan listiña como me pensaba.

Decididamente non é tan doado. A miña xente, estos días dinme que estou rara que falo cousas extranas cun novo vocabulario, qué se teño que facer unha nube de etiquetas, traballar con "Tagxedo", ¿con quen? Que lles piei ou votei un chío e que os teño que censurar no Facebook porque non son xente de agrado coas súas parvadas neste mundo da profesionalización das Tic.

Son de esas tipo de persoas que me teño que subir ó carro das redes sociais, de esas persoas que aínda que pareza extrano, no tiñan activa ningunha delas ou case ningunha, de esas persoas que hasta fai mes e medio nin sequera tiña o wasshap ( que non sei nin escribir), e sí sobrevivía e me seguía comunicando. Abofé que sí.


Pero penso,  que como todo hai que conocelo  para poder opinar, e logo establecer valoracións. Ainda que prefiro o mundo real, do mundo dixital, o mundo da conversa personal tomando un bo café, o tacto, a ollada  e os sentidos coa persoa do lado. Prefiro a comunicación non verbal dos xestos á dos emoticonos.


A través de este blog intentaremos mostrar ás nosas inquedanzas persoais e como grupo, dos novos recursos que imos coñecer, do que nos aportan ou do que non nos aportan. Da posiblidade e da liberdade de usalos ou non, da flexibilidade e da liberdade do individuo de ser ou ter unha identidade dixital ,así como da fiabilidade de moitas identidades dixitais. Y da verdadeira necesidade sí, é así , de ter unha identidade dixital no mundo da Orientación e Formación Laboral. Porque hoxe se non estás na rede non existes


http://www.tagxedo.com/image/bdf4f41546464d97
x

1 comentario:

  1. Yo, hasta el año pasado, era incluso anti-redes sociales y sólamente por exigencias del curso que estaba haciendo, me fui introduciendo.
    Ahora te diría que son un instrumento y como todo instrumento no es bueno, ni malo, depende del uso que hagas de ellos.¡Muy útil!, por cierto. De todos modos, al que se inicia que empiece con cuidado, despacio, porque los errores son muy visibles.

    ResponderEliminar