viernes, 28 de noviembre de 2014

ORIENTACIÓN LABORAL.Reflexión Bloque III

ORIENTACIÓN LABORAL. PROFESIONAIS E IPIS.


O último bloque de contidos, abordou o tema central do Curso de Posgrao, abordou vagamente a temática que centraba o curso: Posgrao de Orientación laboral.
Nos diferentes temas expostos en pdf, temos recursos didácticos dabondo para analizar en profundidade, unha vez remate a voráxine de entrega de tareas varias, para cubrir o cupo de horas estipuladas de teleformación.

O bloque de contidos, o último, pero sin dúbida o máis interesante para mín, e do que se reflexionou vagamente.Temas como o perfil profesional do orientador, a prospección de empleo, recursos para a búsqueda activa de emprego, métodos de entrevista de traballo, coaching e novos métodos de motivación, os IPIS..
Estamos na recta final, e síntome como un profesional da prospección, que buscou a formación, contactou, implicouse e... o que  non se lle mantiveron os acordos definidos.Como unha primeira parte que necesita unha segunda, como un continuará, como a segunda temporada de Juegos de tronos onde nos deixaban sen palabras...


         Falamos moito de comunicación, empatía, asertividade, escoita activa, e sen embargo faltounos eso no curso.Os foros ardían, botaron fume en máis de unha ocasión y e que se necesitaron máis dinámicas e talleres como os que se levaron a cabo neste último bloque de contidos. Sempre, evidentemente, teñen que existir os comentarios, e as críticas constructivas porque sempre de todo se aprende,e para iso, están as técnicas de seguimentos e as avaliacións, pero nas prospeccións previas si é necesario e o cliente o reclama débese modificar, cambiar a planificación e organización e de sabios rectificar.Porque como vimos unha das premisas é a comunicación e a negociación. O docente,ten que adaptarse os seus alumnos, adaptarse aos perfís da aula, cambiar as estratexias e técnicas de aprendizaxe se non funcionan. Coma un orientador que debe saber comunicar,orientar, ensinar e adaptarse os diferentes perfís, que ten que saber conducir de igual xeito unha acción individual dunha grupal.




            As sesións dos obradoiros de tipos de entrevistas e cómo levar a cabo unha entrevista de traballo foron das mellores, sen dúbida,o corpo  pedía máis de ese tipo de sesións dinámicas e reflexivas, con profesionais do sector, pero non houbo un continuará. Penso o mesmo,  das sesións cos emprendedores, fantásticas pero maratonianas,  pouco tempo para expoñer todo o que nos podían contar, e abrir debate relaxadamente.


                Os debates enriquecen, e máis cando a maioría do aforo,  traballa ou está relacionado co sector. Na miña opinión esas sesións perfectamente divididas en dous días. O gran olvidado o Networking de esta promoción. Unha das novas tendencias do mercado, Unha ferramentea de actualidade  e non se levou a cabo. Outro tema dos olvidados e de candente actualidade e que me sorprendeu non se mencionase: As Novas Axencias de Colocación e o seu futuro inmediato


    

Conclusión: O curso está a rematar,pero a min ainda me queda moito que leer de tódolos recursos que sí nos levamos en diferentes formatos. Acaban as sesións, pero espero continúe o networking entre nós





No hay comentarios:

Publicar un comentario