jueves, 30 de octubre de 2014

REFLEXIÓN MÓDULO 2, Carmen Mayo

Este módulo  fai referencia á orientación laboral : os seus inicios e a evolución da mesma, tamén ás fontes das que bebe ao longo da súa evolución e as competencias profesionais: cocomunicación, sociais e dixitais
Levo varios días diante do ordenador mudando o aspecto formal e de contido da  miña reflexión, pero hoxe levanteime moi cedo e por fín estou decidida  a rematar  a miña reflexión, feita como eu quero e non deixandome levar polas  circunstancias. Non vou a escreber definicións sobre orientación, asertividade, proactividade , feed-back , coaching etc, pois  considero que temos o cerebro botando fume con tanto concepto . Estou abraiada, cunha profesión que precise de tantas habilidades, destrezas , capacidades como a de  orientador@ laboral , e de tantas fontes do saber: psicoloxía,pedagoxía, economía, socioloxía etc.  
IMG_1420.JPG
Ven sei que traballamos nun ámbito complicado polo momento de dificultade económica e política  no que nós toca vivir, e  compartimos emocións,sentimentos. Coñezemos máis do que están a vivir os nosos ususuari@s que moitas persoas da súa contorna, pero é a propia  situación a que nós fai ser asertivos, proactivos, positivos etc de xeito espontáneo e natural.
Ser asertivos, proactivos,  positivos ,axudarlle a definir o seu obxectivo profesional, tamén como organizar e planificar a procura de emprego, todo esto e moito máis facémolo todos os días.
foto.jpg

Cantas veces escoitei e de seguro que vos tamén as seguintes frases : “ levo varios anos desempregado e xa esgotei todo tipo de prestacións por desemprego, estou pendente de que me concedan a RISGA para poder sobrevivir eu e a miña familia”, “ xa estiven con varios orientadores, traballadores sociais, educadores sociais  e a miña situación non modou”“ “Estou canso de achegar currículos e nin siquera me chamaron para poder participar nun proceso de selección ” . Ante estos SOS,  que podemos facer @s orientador@s ¿
Ata aquí chegamos nós, pero se todo o  anterior non ven acompañado de políticas activas de emprego, pouco ou case nada  vai mudar a vida dos nos@s usuari@s. Preocúpame especialmente os desempregados maiores de 40  e as anos sen cualificación profesional e as mulleres con cargas familiares sen formación , tod@s baixo o paraugas da exclusión social.
No podo rematar sen esquencer as competencias dixitais que están a revolucionar a nosa vida en todos os ámbitos. Sorpréndeme a cantidade de usuarios de orientación que están dados de alta en portais de emprego, manexan as redes sociais; Twitter , Facebook e Linkedin  ,etc e parece que pouco están facendo para mellorar a súa empregabilidade. Pregúntome se están a empregalas ben ou se  son  somentes ferramentas  de axuda e como tál hai que darlle o espazo ou a importancia que teñen.
internet.jpg

No hay comentarios:

Publicar un comentario