lunes, 20 de octubre de 2014

REFLEXIÓNS SOBRE O DESENVOLVEMENTO DE COMPETENCIAS COMUNICATIVAS E SOCIAIS

Partindo das dúas sesións de Fernando Aguilar sobre competencias comunicativas e habilidades sociais, dende o grupo 10 imos facer unha reflexión sobre os seis puntos que consideramos máis interesantes e a súa implicación na actividade de orientación laboral.



  1. COMUNICACIÓN VERBAL E NON VERBAL

O investigador Albert Mehrabian descompuxo en porcentaxes o impacto duhna mensaxe: o 7% é verbal, o 38% vocal (ton, matices e outras características) e un 55% sinais e xestos. O compoñente verbal se utiliza para comunicar información e o non verbal para comunicar estados e actitudes persoais. Este investigador afirma que nunha conversa cara a cara o compoñente verbal é dun 35% e máis do 65% é comunicación non verbal.
Esta información é de suma importancia na orientación laboral, tanto no traballo diario do/a orientador/a, que o ten que ter en conta na súa relación comunicativa cos usuarios/as, como na transmisión destes conceptos aos usuarios, para que estes os teñan en conta á hora de enfrontarse, entre outras situacións, ás entrevistas de traballo.




  1. FALTA DE COMUNICACIÓN.

Na actualidade vivimos na era da información, na era de internet onde a información chega a todas partes e podemos acceder a ela cun simple clic, no século XXI onde a información é poder. Pero tamén é habitual, escoitar a expresión “demasiada información” “saturados de información” o o termo o que fixemos referencia no curso estamos “infoxicados”. Ë certo.
O díficil é saber qué facer, con toda esa información como xestionala, como clasificar o interesante do que non o é, do útil, do que non , do real do irreal.
Curioso é o mesmo tempo, que a era da información sexa tamén o século onde máis se fala da falta de comunicación. Y é que non sabemos escoitar, non, non sabemos escoitar, nun mundo que se agocha nas redes sociais e no que cada vez somos máis individualistas, pensando no beneficio propio, onde se traballa mellor só que en equipo, porque nos falla comunicación. Non comunicamos, non falamos, falla a comunicación nas empresas, nos cursos de formación, nas parellas, nas familias, na política, na rede. Malinterpretamos a comunicación verbal e a non verbal, malinterpretamos os wasaps (cantos conflictos se solucionarían por unha boa conversa en persoa) y e que chegamos a un punto no que se rompen relacións por wasap.
Definitivamente non comunicamos, non falamos,decía Fernando Aguilar, na súa ponencia, do que nos custaba pedir disculpas, perdón, é canto custa recoñecer que te equivocas, ou recoñecer o traballo de outros cun bo xesto, canto custa unha sorrisa, a boa educación, un gracias, un desculpe. Canto custa ser sociable, amigable, neste mundo cada vez máis social na era dixital ..e cada máis individual no mundo real.
Cantos de vos .. parades na rúa con alguén que está tirada ou preguntar simplemente ¿está ben?Cantos sacades unha conversa con alguén extrano.. y cantos escoitamos realmente ao usuario que ben na procura de axuda e orientación laboral, escoitamos realmente ou nos limitamos a facer o noso traballo.

  1. LÍDERES. QUE PENSAS NACE O SE FAI.
O tema é complexo para debater e de dífícil consenso, así que nesta ocasión reflexionamos a través dun vídeo


  1. EDUCACIÓN EMOCIONAL

Os contidos da educación emocional teñen o propósito de lograr uns obxectivos. Podemos dicir, que para aumentar a felicidade o que se pode facer é: mellorar as relacións sociais, atopar un traballo que sexa intrínsecamente satisfactorio, manter unha boa relación cos compañeiros de traballo, aproveitar o tempo libre de maneira satisfactoria e por suposto facer o posible para manter a saúde.
Unha orientación profesional que considere á persoa na súa globalidade e complexidade pode ser un factor importante na satisfacción profesional.
As sesións de Fernando Aguilar, non foron mais que leccións maxistrais de intelixencia emocional onde a través de breves relatos explicou como recoñecer as propias emocións, o control das mesmas e o recoñecemento das emocións dos demais, ao mais puro estilo de Goleman, autor citado polo mesmo.
Destacar a modo de relatos os "26 contos para pensar" de Jorge Bucay.



  1. MOTIVACIÓN E AUTOESTIMA

Establecer e perseguir obxectivos profesionais e laborais é o mellor camiño, para atopar a motivación. Unha persoa que non se propón obxectivos ou metas profesionais é de por si, unha persoa desmotivada e, a miúdo desanimada.
Os pensamentos e emocións non influirán se simplemente fas o que te propuseches facer.
Se sabes buscar emprego, terás mais ganas de buscalo.
Coexisten motivacións diferentes que entran en conflito en cada proceso orientador pero algunha terá preeminencia.
Penso que ao orientador se lle debería esixir que deslinde en cada caso as causas da falla de motivación, para comprender se a desgana é consecuencia da falla de valores sociais ou de ideais que impulsen á conduta cara os logros. Se deberá de tratar de observar, comprender e aclarar os problemas e conflitos que ten que resolver o orientado, xa sexan persoais, psicolóxicos, ou resultado do entorno social ou a situación familiar.



  1. O COACHING DE MODA

Podemos definir o coaching como unha ferramenta que serve para transportar a unha persoa de onde está a onde quere estar, acompañala nun proceso que esixe cambio e que debe ser asumido de xeito responsable.

O concepto de coaching non é nada novo, podemos remontarnos a idade antiga cando Sócrates empregaba as preguntas reveladoras para orientar aos seus discípulos á atopar a verdade (método mayeútico).
Nestes diálogos socráticos baseados en preguntas e resposta atopamos un claro antecedente do coaching.
Na actualidade podemos diferenciar a escola americana, onde cabe destacar a Thomas Leonard, que fai fincapé en mellorar a autoestima, motivar a acción e poñer a probas as persoas a través de novos desafíos.
A escola Europea con T. Gallwey e J. Whitmore que destacan o potencial interior das persoas e a elección dunha vida mellor. Tamén é preciso mencionar ao coaching Ontolóxico de R. Echevarria, que destaca a importancia do adestramento para o cambio, interésase polo modo de ser das persoas e emprega ferramentas comunicativas.
Na orientación laboral estáse a empregar o coaching para axudar as persoas na procura de emprego; implícase ao desempregado no seu proceso de definición do obxectivo profesional.
O coach acompaña ao desempregado/a no seu camiño na procura de emprego tendo en conta o seu ánimo, a súa opinión, intereses ou expectativas.
É o propio demandante quen van ir descubrindo a necesidade que ten de cambio para conseguir o seu obxectivo, o coach debe ter en conta que este cambio require dun tempo, que vai variar dunhas persoas a outras. Neste proceso de coaching empréganse dúas ferramentas fundamentais:
  • Técnicas de escoita
  • Formulación de preguntas
Un aspecto fundamental é crear un clima de confianza, sintonizar co noso usuario, escoitar activamente, non prexulgar e poñernos sempre no lado do outro/a. As preguntas que fagamos teñen que ser moi claras e concisas e que lle sirvan o usuario para iniciar un proceso de autoreflexión.
Durante as sesións que poden ser individuais ou grupais teremos que definir os seguintes aspectos:
  • Identificar o obxectivo: aceptar a necesidade de cambio.
  • Identificar a realidade : valorar as diferentes opcións que teño.
  • Xerar alternativas: seleccionar aquelas opcións máis vantaxosas.
  • Crear un plan de acción: qué vou facer, cómo o vou facer e cando
  • Facer o seguimento: avaliación do proceso

Nestes últimos anos parece que a solución aos problemas laborais, persoais, organizativos etc... teñen un modelo, o coaching, tanto nos xornais como na rede aparecen unha multitude de empresas adicadas ao coaching. Os problemas que teñen a persoas pasan por solucións non so persoais, tamén inflúe moito o contexto social no que se desenvolven e facer desta técnica a única forma de acadar a felicidade e o éxito persoal é as veces un tanto enganosa. Ben certo é que ter unha actitude positiva ante as adversidades é unha boa forma de afrontar os conflitos pero non a única. Non podemos esquecer que moitos problemas teñen unha solución global e que a sociedade ten que dar respostas conxuntas para conseguir un cambio.


https://storify.com/mariavieitez142/comunicacion-habilidades-sociales-y?utm_source=embed_header

No hay comentarios:

Publicar un comentario