sábado, 1 de noviembre de 2014

Correcións Reflexión Módulo 1 . Carmen Mayo


REFLEXIÓN MÓDULO  1

En relación ao marco de referencia da orientación laboral  merece destacar a estratexia de emprego e facer fincapé no obxectivos do mesmo:
·                     Conseguir unha taxa de emprego do 74% para poboación entre 20 e 64 anos no horizonte 2020 
·                      Conseguir unha taxa de emprego feminino para o mesmo grupo de idade do 68% en 2020 

·                       Reducir a temporalidade e a segmentación do mercado de traballo
Para acadar estos obxectivos  fan falla POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO que  entre outras medidas desenvolvan un módelo de formación profesional para o emprego que capacite as persoas para o desempeño dunha ocupación e posterior incorporación ao mercado laboral, esto precisa dunha adaptación dos certificados profesionais aos requerimentos do mercado laboral, dotalos dunha certa flexibilidade e adaptabilidade.
Compre facer estudos daqueles sectores que van ter un incremento nos vindeiros anos , incorporar competencias tranversais que capaciten ao alumno/a naquelas ferramentas tecnolóxicas que o mundo global precisa. Familias profesionais relacionadas con contidos dixitais que se espera que nun período curto precisen de persoas cualificadas e, non estan adaptadas as necesidades do mercado. 
A orientación laboral vai ser necesaria para acompañar as persoas a procurar emprego en diferentes etapas da súa vida productiva, cada vez máis os orientadores/as van ter que poseer diferentes ferramentas que ofertar aos seus usuarios. Precisáse que a administración promova a coordinación cos diferentes profesionais, entidades e servizos para facer  unha orientación adaptada ao tempo no que vivimos.

Merece destacar a nececesidade de promover políticas que faciliten a inserción laboral dos xoves menores de 30 anos, xa que España atópase nunha situación crítica neste ámbito, hai unha porcentaxe moi alta de xoves que se atopan desempregados e cunha formacióno profesional pouco cualificada.
Tamén quero destacar os colectivos con especias dificultades para acceder ao mercado laboral como son: os maiores de 55 anos, as peroas discapacitadas e os parados de longa duración.
Hai que incentivar políticas que muden o módelo productivo e que teñen forzosamente que apoiarse en varios pilares, entre os cáles a industria aparece como fundamental, o sector secundario continúa teno un papel trascendentalna economía española, debido a súa inigualable capacidade de xenerar, absorver e difundir todo tipo de innovacións así como de vertebrar o territorio. Naturalmente, non todos os subsectores da industria teñen os mesmos efectos multiplicadores no conxunto da economía, sendo os bens de consumo non durareiros os menos volatís , mentras  a fabricación de productos intermedios ou de consumo duradeiro resultan máis afectados pola crise económica. Para todo elo é imprescindible contar cunha man de obra moi especializada e preparada para traballar en sectores de alta tecnoloxía e forte crecimento e por suposto cunha verdadeira estratexía de Estado .
Se deben favorecer actuacións para diversificar a estructura productiva que poñan en alza o valor do coñecemento,centradas en sectores con futuro, como as biociencias, as nanotecnoloxías, a  domótica etc. sen esquencer as disciplinas relacionadas coas TIC.
A industria española necesita ser competitiva , que debe sosterse sobre catro pilares clave: a innovación, o coñecemento, a internalización e a sotenibilidade.E preciso coordinar a política industrial e a política de innovación para promover a demanda a través da apertura do mercado creando así oportunidades innovadoras para as pemes españolas.





Dende fai uns anos  emprender, emprendedor ou emprendimento aparece en boca de políticos como palabra fetiche , aparece un concurso televisivo en horario de máxima audiencia  Tu oportunidad imitando formatos de éxito , onde un grupo de emprendedores pelexa entre sí para lograr un padrino inversor entre os membros do xurado. Tamén aparecen libros sobre emprendedores nos xornais  é tema para escreber. Aparece un novo tipo de emprendedores, emprendedores socias. Pouco a pouco vai mudando o clima referente ao concepto de emprendedor nun país carente de actitude emprendedora, a xente emprendía cando tiña capital ou procedía de familia con mentalidade emprendedora.
Fai falla mudar a mentalidade das persoas e das sociedades, hai que facer pedagoxía, a escola ten que ser uns dos motores do cambeo. Para emprender hai que fomentar alumnos/as con capacidade de toma de decisións, reflexivos, criticos e responsabeis, van facer falta xeracións para ver resultados.
Os poderes públicos teñen que favorecer o emprendimento mediante medidas que: acorte os trámites de creación de empresas, paralicen o exceso de burocratización,  concedan axudas fiscais e importantisimo que fluia o creto.
Quero resaltar que  o empredimento non debe entenderse como unha necesidade para os tempos de desemprego senon unha oportunidade para realizar o teu proxecto profesional. Tamén é preciso destacar que non todo o mundo ten a capacidade para emprender, nin quere , polo que non se pode culpabilizar as persoas como se está fose a única saída para procurar emprego, é  unha   posibilidade máis.




















No hay comentarios:

Publicar un comentario