lunes, 3 de noviembre de 2014

INTELIXENCIA   EMOCIONAL

A  intelixencia  emocional definese como  a capacidade de recoñecer  e manexar os nosos propios sentimentos  para motivarnos, controlar e dirixir  as nosas relacións.

Ten unha serie de competencias que facilitan as persoas o manexo das emocións  cara a un mesmo e os demaís.

A Intelixencia Emocional inclue procesos psicoloxicos, e congnitivos, basados na personalidade , emoción, intelixencia e neurociencia.

Con diferentes habilidades:

A primeira autoconciencia emocional  (coñecemento das nosas propias preferencias, sensacións , estados e recursos internos.)

Autoevaluación: coñecemento das nosas propias fortalezas e limitacións.

Autoconfianza: Sentido dos nosos méritos e capacidades, impulsos, estados anímicos, etc.

Autocontrol: control das nosas emocións e impulsos

Tamen nos auxuda coas aptitudes sociais, có recoñecemento dos sentimentos , preocupacións, necesidades de outros, resolución de conflitos .

En resumen, diríamos que a través  da Intelixencia Emocional, podemos crear vínculos,  e tamen nos axuda para ser máis hábiles  manexando as relacións sociais, construindo  redes de apoio, para traballar mellor en equipo, tendo unha visión compartida no traballo, e nas metas  que se van a compartir.




No hay comentarios:

Publicar un comentario