Cando decidín facer este curso teño que recoñecer que a parte que máis me
asustaba era a referida ás competencias dixitais. Sobre todo, despois de ver a
guía do alumnado e todas aquelas tarefas TIC que íamos ter que levar a cabo.
Acordeime dunha frase que adoito escoitar a menudo e que é: “internet
e as redes sociais non serven para atopar emprego”. Creo que este
pensamento pode estar suscitado por varios motivos, entre eles, porque non
estamos facendo un uso axeitado delas ou non coñecemos e sabemos elixir as
ferramentas máis axeitadas e acordes co noso obxectivo profesional. Ao mellor
tería que especificar “a miña rede social non me está servindo
para atopar emprego”.
Tamén é verdade que internet e as redes sociais dan máis oportunidades a
aquelas persoas que adoitan xa ter máis
oportunidades na vida, fora da rede. É dicir, as persoas que non atopen emprego
ou oportunidades empregando métodos convencionais é máis difícil que o atopen
nas redes a menos que se especialicen e melloren as súas competencias nestes
novos espazos. Os contextos 2.0 son unha enorme oportunidade pero sobre todo
para aquelas persoas que sexan proactivas.
Chegados a este punto, sí teño claro que hoxe en día as redes sociais e a web 2.0 son unha canle valiosa a ter en conta para a busca de emprego e o
desenvolvemento profesional. Si teño en conta que: o 80% dos reclutadores das empresas xa buscan aos profesionais nas redes,
si a web 2.0 é o novo escenario para a
busca de emprego e para os profesionais que queren demostrar o que valen, si
animo aos meus usuarios a coñecer e manexar estes recursos… ¿como
eu como persoal orientador me podo quedar á marxe desta realidade?
Por iso creo que, a internet está a modificar o perfil dos
orientadores e orientadoras. Así no desenvolvemento das nosas accións creo
que son claves estes aspectos:
Formación: para saber
empregar as TIC e nos ser infoxicados por elas debemos formarnos, aprender a
usalas, configuralas ao noso criterio e ter un control sobre elas e non ao
revés.
Colaboración: o bonito
desta filosofía 2.0 e que se centra na persoa, que comparte e colabora creando
unha oportunidade. Podemos crear, comunicar, compartir, intercambiar. Damos
información e ao mesmo tempo recibimos retroalimentación que nos deixa seguir
medrando. Aquí a xenerosidade é unha característica máis que temos que sumar ao
perfil do orientador.
Proactividade: creo que
buscar emprego na rede non ten un resultado inmediato, xa que as redes
profesionais non son portais de emprego, senón espazos profesionais de
comunicación. Polo que, para que sexan efectivas temos que conversar e manternos ao día, estar activos, publicar. Implica un cambio de mentalidade, antes de que
exista unha oferta xa me teño que estar movendo “facer que me busquen”.
Para rematar, creo que o manexo da propia ferramenta que compón o binomio
ordenador-internet é unha competencia básica transversal para calquera traballador e con
máis razón para o perfil do orientador/a.
As TIC convértense en instrumento, medio e recurso nos procesos de
orientación laboral tanto na busca e preparación de documentación como na
atención ao usuario.
Calquera profesional que se adique a temas de orientación laboral, creo que,
debe ser un bo usuario da rede e ten que ter un bo coñecemento sobre o que esta
ofrece. Debemos nutrirnos desta fonte para
recoller datos ou información, concretar ou anticiparnos aos cambios e
tendencias que teñan relación co ámbito laboral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario