martes, 4 de noviembre de 2014

REFLEXIONANDO SOBRE A ORIENTACIÓN LABORAL




Nas últimas sesións, falousenos de saber escoitar, de motivar, da empatía, optimismo, habilidades comunicativas e habilidades sociais, capacidades e habilidades, así como de aptitudes.E son das persoas  que penso,  que en calquera traballo de atención o público e de axuda,  a diferentes perfís de usuarios é necesario Paciencia, moita paciencia, que cun sorriso se consiguen moitas cousas, pero non sorrisos finxidos, senón reais, amabilidade e intentar ser o máis resolutivos posibles.

Existen  profesións que necesitan, un carácter vocacional, e penso que no caso da orientación laboral ou pedagóxica, na formación (xa que o fin o caso formamos no camiño e nas ferramentas necesarias para a búsqueda de traballo) é imprescindible a Vocación.

No caso de líderes a pregunta básica é se un líder nace ou se fai, pois eu a extrapolaría o caso da orientación laboral ou calquera tipo profesión que acompañe,. apoie, ensine e forme aos usuarios. A formación é importante, e debe de ser permanente,  porque o que ensina ou orienta nunca debe de deixar de aprender, pero penso que sobretodo non é únicamente un perfil profesional senón tamén persoal. 

A cantos non vos pasou extrapolar as funcións diarias, e máis alá dos nosos usuarios do traballo e axudar e aconsellar a familiares e amigos aconsellando no CV, nas cartas de presentación, en ofertas de emprego.

Vexo entre os compañeiros e compañeiras que algúns como é o meu caso chegaron por casualidade a orientación laboral e decidiron quedarse nesta vía, porque atoparon en ela unha profesión vocacional e sentironse cómodos, algúns con traballos remunerados outros con voluntariado y é que na actualidade, non se valora o perfil do profesional da orientación y as ofertas de emprego non abundan.




No referente os recursos para fomento das actividades de Orientación, penso que nos queda moito por andar, este posgrado centrase no uso das tic na Orientación, xa deixei bastante patente o longo de diferentes reflexións, a miña opinión, penso que non son a panacea, e que sí debemos de ter recursos e saber utilizalas, coñecelas  e así poder ensinar as súas vantaxes, pero tamén penso que o perfil de usuario dun servicio de Orientación Laboral,  ten que coñecer previamente os recursos dos que dispón para a búsqueda activa de emprego. A Heterexoneidade  de perfís é real e o básico e fundamental dun orientador é saber adaptarse. Non podes proponer facer un perfil no linkedin a un usuario que nin sequera sabe do que lle falas, que na súa vida fixo un CV,porque non o necesitou porque levaba 20 anos traballando na mesma empresa,o proceso é pasiño a pasiño. E a formación básica é importante, necesita coñecer portais de emprego e rexistrarse e motivalo á constancia na busqueda de emprego.



Un dos temas centrais da sesión de Mayte foi a xestión ou a mala xestión dos IPIS, nese caso o meu punto de vista é que o carácter ou criterio do orientador para seleccionar aos IPIS,que accedían a determinada formación, fallou. As plazas dos cursos da AFD, non abundan e os demandantes deformación superan o número de plazas, en determinados cursos se concederon a perfís que nada tiñan que ver co curso, nin sequera interese por ese curso.Efectivamente naceu o profesional desempregado dos cursos, sen criterio ningún. Eu mesma, nun momento dado solicitei ser IPI, aínda que non cumpría nese momento o criterio de desempregada de longa duración porque me interesaba un curso de RRHH, e nese momento non me ían conceder ningún e tiña verdadeiro interés polo curso e sí estaba desempregada pero quería aproveitar o tempo para continuar formándome.

En relación a este tema e a heterexenoidade de perfís, achégovos un artigo publicado onte no país sobre os Ninis http://politica.elpais.com/politica/2014/10/22/actualidad/1413974500_362946.html
Aquí interveñen moitos factores, a educación da familia, da sociedade, esta apatía, desmotivación, gústema o termo de que se está a crear un xeración bloqueada ante a vida, non se pode poñer de excusa nestos casos a crise para esa situación en bucle, é forte dicilo pero case parásitos da sociedade.O orientador debe motivar non só a búsqueda de traballo senón na vida, actividades de voluntariado, acompañamento, motivación a emprendemento, a formación....






No hay comentarios:

Publicar un comentario