martes, 2 de diciembre de 2014

TAREFA GRUPAL : REFLEXIÓNS SOBRE O EMPRENDEMENTO


emprendedores.jpg


TEMA: EMPRENDER , ¿UNHA NOVA SAÍDA LABORAL?

Nos contidos do Módulo 1 enfrontámonos,  o tema impartido polo profesor Fernando Agulló Leal sobre A iniciativa Emprendedora  como forma de acceso ao mercado laboral. Nel abordáronse conceptos como a motivación , a creatividade, o entusiasmo, a idea como eixo fundamental da actividade emprendedora, ou o manantial de ideas,pero tamén do medo a emprender, do temor ó fracaso, do rechazo social, da falta de apoio familiar, do perfil de emprendedor.


Falounos de que a actividade emprendedora respondía, hoxe en día, máis á motivación de responder a unha necesidade de vida que a unha oportunidade de negocio, e que en España soamente un 10% dos mozos españois decidía emprender mentres un 90% que rexeitaban esa idea, en contraposición o 30% dos EEUU. Claramente datos nos extremos da balanza.


Efectivamente algo está a fallar, cando os datos,  por moito que nos queran vender a idea de convertirse en emprendedor para sair da crise económica, son tan diferentes e opostos. Esa idea ficou un tanto no aire e os motivos do porqué tamén. E por iso, qué millor que a partir do que opina un grupo como o noso sobre o concepto de emprendedor e a idea de emprender.
Así que lanzamos ao aire as seguintes preguntas para analizar o concepto e ver as diferentes reflexións o respecto :


1.¿Qué entendes por emprender?


  • Para min emprender é comenzar unha carreira de fondo na que non sabes os perigos que vas ir atopando polo camiño, é crear un proxecto persoal e ilusionante que por ser diferente, produce medos.
  • É un acto de pensamento para buscar oportunidades e activarse para acometer o negocio. É decir, pasar do dito ao feito.
  • Ë a vontade de ser o arquitecto/a do teu propio futuro.
  • O verbo en sí evoca a idea de lanzarse á pola realización dun soño, dun proxecto,  que pode ser empresarial ... que implica riscos, pero tamén satisfacción. A acción de emprender canto máis preparada, planificada, máis posibilidades de éxito.
  • Iniciar un novo camiño, novas experiencias tanto a nivel persoal como profesional, xa que o emprendedor implica sí ou sí,  o seu terreo persoal no seu camiño, é unha escapada da zona de confort.


2.¿Cómo definirías a unha persoa emprendedora?


  • Como un/a super héroe/heroína nestes tempos,  xa que arriscar os teus aforros nun proxecto que pode ou non sair ben,  é digno de valentía.
  • O primeiro que se me acontece,  é valentía ou coraxe, paixón, resilencia e sobre todo moita sorte.
  • A persoa emprendedora ven definida polas seguintes características: Pasión  ; Visión de futuro;Capacidade de aprendizaxe; Pragmático/a; Determinación e coraxe; innovación e Creatividade,  ón; Persistencia; Sentido da oportunidade; Optimista e seguro; Asertivo/a; Organización e planificación


  • Todos podemos ser emprendedores,nalgún ámbito da nosa vida. O paso custará máis ou menos, dependendo da paixón, da ilusión pola realización do proxecto,  da confianza que temos en nós mesmos e do dispostos  a sair da nosa zona de confort, porque o risco ao fracaso é inherente ao emprendemento e máis se o motor do mesmo é que se vexa como  a única saída posible para unha situación de necesidade ou desesperada.
  • Inconformista coa situación, con iniciativa,impulsiva, optimista e positiva e valente.


3.Pensas que o concepto de persoa emprendedora limitase únicamente ó ámbito laboral.


  • O emprendedor/a é un/unha valente que crea algo diferente ao existente ou mellora algo preexistente, polo que no día a día é calquera persoa que innova no seu terreo, laboral ou non.
  • Penso que emprender é un concepto que engloba moito máis que crear unha empresa. O longo da vida, cada decisión que tomamos hacia un camiño é as súas consecuencias, son formas de emprender, e todas poden acabar en éxito ou fracaso. Afecta a todos os ámbitos da vida.
  • Cando falamos de emprendedor/a non só  facemos referencia ao mundo empresarial senón que afecta a moitos ámbitos da vida persoal.Cando tomamos iniciativas con coraxe, determinación,  estamos emprendendo.
  • Non, desde logo que non. Si buscamos emprendedor en google atopamos que clasifica o término, como adxectivo e defíneo como persoa que ten decisión e iniciativa para realizar accións que son difíciles ou entrañan algún risco.
  • O que emprende inicia un camiño persoal e profesional , inicia un camiño novo na vida.


4.¿É suficiente a idea para emprender un negocio?


  • O ter unha boa idea non implica que vaia  ser viable, existen moitas variables que o condicionan, a idea é imprescindible,  pero sin un bo estudo do mercado laboral e un plan de empresa  non sairá ben.
  • Ata chegar a crear unha empresa, temos que recorrer unha serie de pasos nos que a idea é o primeiro. Penso que non é suficiente. Unha idea brilante sin un carácter emprendedor,  que a respalde non vai a ningún lado.
  • Non é suficiente con ter unha boa idea, pois temos que ver cómo a encaixamos no mercado laboral, hai que analizar se hai demanda  ou se polo contrario temos que crear a necesidade dese producto co que queremos emprender. Estamos a falar dun proceso de análise do mercado .
  • Emprender sen un bo plan, pode sair ben pero é unha lotería. Aínda con él,  pode sair mal!
  • Todos tivemos algunha idea nalgún momento, todos pensamos iso puidoseme ocurrir a min, todos tivemos algunha vez medo a emprender e levar esa idea a cabo, pero con iso non é suficiente, é necesario un bo estudio de mercado, un bo respaldo económico e moita perseverancia na posta en marcha desa idea.


5.Vantaxes e Desventaxas de emprender.


  • Ao meu modo de ver,  a súa ventaxa principal é a independencia,  pero esta tamén me parece a súa principal desvantaxe xa que se non sae como esperabas estás so.
  • Estás tomando as rendas da túa propia vida, tes traballo, flexibilidade de horario, independencia e eso crea unha satisfacción,  pero o peor é a incertidume, o risco, a responsabilidade, o tempo invertido, o sacrificio da vida privada...E si vai mal?
  • Posibles vantaxes: 1. Liberdade de horarios. Penso que ata que o negocio estea consolidado, impensable. Tes que manexar os tempos de acordo ás esixencias do contorna e da natureza do negocio. Hai que dedicárlle moitas horas.
2.Planificar e proxectar mellor a túa vida e o tempo dedicado aos teus afectos.Seguramente terás que sacrificar outros ámbitos mentras o negocio non estea consolidado.
3.Posibilidade de maior e máis rápido crecemento económico o cal é directamente proporcional ao teu esforzo.Non sempre é proporcional e para algúns  acadarlle a ruina.
4.Posibilidade de deixar unha herdanza (empresa) á túa descendencia.Tamén podes deixalos sen nada.
Ventaxas:1.Traballar no que che gusta.
    2.Traballar e facer as cousas ao teu xeito, como e onde che guste.
    3.Desenvolvemento e crecemento persoal de acordo aos teus gustos e soños
    4.Orgullo de crear algo por ti mesmo
            5.Axudar a crear empregos e fontes de traballo para o teu país, comunidade ou rexión. Os emprendedores honestos son a verdadeira fonte de crecemento dun país.
   6.Orgullo de ter a coraxe de intentar algo para mellorar a túa vida e a dos demais.
  • A ventaxa é  que imos levar a cabo, algo no que creemos e imos darlle a forma por nós mesmos. A desventaxa fundamental é que somos nós os responsabeis e temos que asumir as veces moitos riscos de carácter persoal.

6.¿Temos suficiente información sobre o tema?


  • Nestes momentos penso que existen moitas entidades e recursos que  axudan a emprender,  pero  que son pouco coñecidos e pouco publicitados tanto polos medios como polos orientadores.
  • Quizá hai bastante información,  pero poucas oportunidades de negocio.
  • Nestos momentos nos están bombardeando por todólos lados,  como saída o desemprego, pero a dificultade é saber que tipo de ideas teñen futuro no mercado laboral é a escasez de financiamento para emprender
  • Temos moita información,  pero hai que saber manexala.
  • A Política de empleo principal que está a levar o Goberno é crear emprendedores.E por ese motivo hoxe en día existe moita información e portais, asociacións de axuda. Obxetivo un nova profesión : O Emprendedor.


7.¿Pensas que é viable emprender?
  • Seguramente son pesimista,  pero penso que nestes momentos nos que o crédito non flúe é bastante complicado emprender para a xente de a pé.
  • Penso que sí, que a pesar do momento que vivimos é un bo momento. Penso que estamos en tempos de buscar ideas e crear empleo. Europa  abre as portas e é o momento de ser valentes e buscar ideas ou observar o mercado para ver dónde podemos entrar.
  • Creo que nestos momentos non é moi viable, pois unha cousa é emprender por necesidade para saír do desemprego, que leva a moitas persoas a crear a súa propia empresa por imperativo económico e outra é a emprender cando hai oportunidades e decides tomar as rendas da túa vida profesional para realizar o teu proxecto .
  • Sempre é viable emprender. O emprendedor, onde os demais ven riscos e perigos verá oportunidades. Non importa si son poucas.


  • O meu punto de vista é que hoxe en día é un risco emprender,xa que moitos o tomarán como unha vía de escape a crise e morrerán no intento, no son viables tantos proxectos, por moito que o potencien, son necesarios ainda, moitos cambios na financiación económica e máis recursos.


8.¿Es ti unha persoa emprendedora?
  • É unha idea que algunhas veces se me pasou pola cabeza,  pero non debo ser moi creativa porque ás posibilidades que se me ocorren soen existir de antemán. Ademáis, o medo a perder os poucos aforros neste tipo de proxectos dame moito medo.
  • Penso que todas as personas poden chegar onde queiran e eu como todas. As personas con unha preparación e motivación adecuadas,  poden conseguir o que se propoñan. Son moitos os exemplos de superación personal que o confirman. Eu empresaria? Por qué non?
  • Non me considero unha persoa emprendedora no terreno laboral, si noutros ámbitos da miña vida persoal. Emprender no ámbito laboral implica ter coñecementos dabondo relacionados con: coñecer a perfección o producto ou servizo que queres vender, o mercado laboral onde vas a actuar, os mecanismos de financiamento e a adicación persoal que esixe a creación da túa empresa


  • No ámbito empresarial, non me vexo. Tiven uns pais emprendedores no máis amplo sentido da palabra e non herdei as súas cualidades e o seu esforzo ofreceume outras oportunidades polas que non me vin obrigada a saír dá miña zona de confort nese sentido. Si me vira como eles, non sei; pero cantos se xogan os seus poucos aforros, poñendo todo o seu empeño e esforzo e acaban nunha situación moi desesperada.
  • A verdade é que teño momentos,  impulsos e ideas,  pero tamén moitos medos e ausencia de recursos,polo que a día de hoxe, non me vexo como emprendedora si non cambian os recursos e apoios financieiros,en todo caso polo menos eu soa sen un respaldo.
9.¿Conoces algún emprendedor ?
  • Coñezo un par de mulleres que fixeron a súa empresa de roupa e complementos de moda por internet pero non sei,  se poden vivir delas totalmente.
  • As personas que coñezo que acaban de emprender estánse adicando a empresas con base a través da rede e están empezando. Negocios con poca inversión pero moito talento.
  • Coñezo algunhas persoas que emprenderon antes do inicio da crise e tiveron que pechar nestos momentos por falta de perpectivas e perdas económicas.


  • Si. Un caso que traballaban no sector da hostalería, nunha boa empresa que  deixaron para emprender.Fixéronse cargo da xestión dun negocio de certa envergadura. Non lles foi ben.Bos profesionais, dedicados, pero con pouca preparación, sen experiencia en xestión. Despedironos e quedaron con escados recursos.Hai uns meses abriu o seu propio negocio.Teño a impresión de que lles irá ben, porque o fracaso é unha forma moi eficaz de aprender.
  • A verdade é que non, non me rodeo de emprendedores, sí de mentes creativas e con iniciativas pero con poucos ánimos de arriscar o pouco que se ten e menos nestes momentos de crise
10.¿Cal cres que é o motivo polo que as políticas de empleo inciden tanto últimamente na formación dos emprendedores?


  • Porque o goberno non quere aumentar a demanda agregada nin obrigar aos bancos a favorecer o crédito,  e pensan que pode ser unha boa medida para aumentar ás cotizacións. Debo ser moi pesimista,  pero non creo que sexa por mellorar a competitividade do país.
  • A formación é fundamental en todas as facetas e en esta máis. Calquera persoa pode ser empresaria,  cunha formación adecuada.Ë necesario crear empleo e animar a emprender para suplir as carencias do noso mercado.
  • Porque así trasladan a responsabilidade do emprego ás iniciativas persoais, parece que tí es o único responsabel da túa situación esquecendo que os gobernos deben potenciar políticas activas de emprego , favorecendo un modelo productivo diferente baseado nun tecido industrial potente, sostibel e innovador. Esto non quere dicir,  que non se potencien iniciativas de tipo emprendedor que pasan por un proceso de cambio de concepción do ensino: preparar aos alumnos/as para crear, innovar, resolución de problemas , persoas criticas e responsabeis co mundo que lles toca vivir.


  • Outro motivo pode ser as prioridades estratéxicas da Europa 2020: crecimento Intelixente, é dicir, que sexa a través do desenvolvemento dos coñecementos e da innovación; Sostible, baseado nunha economía máis eficaz na xestión dos recursos e máis competitiva e Integrador, orientado ao emprego, a cohesión social e territorial e esa estratexia está pensada para dar resposta a unha contorna de crise, de cambio, situación derivada da la globalización, do cambio climático, do envellecemento da poboación.O que non sei é se  a estratexia está pensada para España ou para outros países de Europa  e ademais os recursos veñen se seguimos os planes establecidos.
  • Como vía de escapatoria, de non asumir responsabilidades en políticas de empleo eficaces, non significa que non deban de informar e fomentar esa posiblidade,pero existen moitas carencias previas e outras políticas de empleo necesarias, que sí necesitan de inversión, penso que debería o goberno de emprender en ideas novas para potenciar o traballo e a saída da crise.


1 comentario: